jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Condenan unha muller a indemnizar a súa nai cos 83.600 euros que sacou das súas contas

Condenan unha muller a indemnizar a súa nai cos 83.600 euros que sacou das súas contas
Condenan unha muller a indemnizar a súa nai cos 83.600 euros que sacou das súas contas

A muller tamén foi condenada a nove meses de cárcere e á prohibición de aproximarse e comunicarse coa súa nai durante un ano e nove meses

A Sala do Civil e Penal do TSXG condenou unha muller a aboarlle a súa nai, que tiña 81 anos, os 83.600 euros que transferiu de contas nas que eran cotitulares a outras nas que só figuraban ela e o seu noivo. Desta forma, o Superior acolle o recurso interposto polo Ministerio Fiscal e a vítima e revoga en parte a sentenza da sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra que eximía a acusada de pagar a indemnización. 

A imputada, segundo consta na sentenza, aproveitouse “da cotitularidade de diversas contas que se nutrían exclusivamente con rendas e pensións da súa nai para, sen o seu consentimento nin coñecemento, e con intención de enriquecerse á conta do alleo, realizar traspasos a outras contas”.

A muller tamén foi condenada a nove meses de cárcere e á prohibición de aproximarse e comunicarse coa súa nai durante un ano e nove meses por cometer un delito leve de coaccións no ámbito da violencia doméstica. 

A acusada, segundo consta na sentenza de primeira instancia, tratou de impedir que a súa nai accedese á vivenda que compartían, situada nas Neves (Pontevedra) para recoller as súas medicinas e documentación para ir pasar a fin de semana coa súa outra filla, coa que a condenada mantiña mala relación.

Comentarios
Lo más