miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tres persoas feridas despois de colidir dous vehículos en Lalín

Tres persoas feridas despois de colidir dous vehículos en Lalín
Tres persoas feridas despois de colidir dous vehículos en Lalín

O Centro Integrado de Atención ás emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente ao fío das 21:00 horas da pasada noite

En Lalín, tres persoas resultaron feridas despois de colidir frontalmente dous turismos que circulaban pola N-525, á altura do punto quilométrico 298. Ata o lugar, tras ser alertados polo 112 Galicia, desprazáronse ademais dos servizos sanitarios, os Bombeiros do Deza, os membros do GES de Lalín, os axentes de Tráfico e a Policía Local. Tamén, os xestores de emerxencias solicitaron a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se ocupou das tarefas de limpeza da vía.

Nada mais chegar ao punto, os Bombeiros confirmaron que non foi preciso o uso do material de excarceración para evacuar aos feridos e, aínda que non parecían revestir gravidade, os tres foron trasladados polo persoal sanitario.

O Centro Integrado de Atención ás emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente ao fío das 21:00 horas da pasada noite.

Comentarios
Lo más