miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Envorca un vehículo na estrada que une os barrios de Vidán e Conxo

Envorca un vehículo na estrada que une os barrios de Vidán e Conxo
Envorca un vehículo na estrada que une os barrios de Vidán e Conxo

Unha vez liberado o condutor e único ocupante do vehículo, foi trasladado polos servizos sanitarios ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Esta madrugada, outro accidente en Santiago obrigou a intervir aos Bombeiros da cidade. Neste caso, tratouse dun coche que envorcou cando circulaba pola estrada que une Vidán e Conxo, en Vidán.

Faltaban 15 minutos para as 4:00 horas cando un particular alertaba ao 112 Galicia dun coche envorcado e cunha persoa atrapada no seu interior.

Así, con estes datos, os xestores puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Santiago que decontado se desprazaron ao punto. Así mesmo, acudiron os axentes da Policía Local e os membros de Protección Civil.

Unha vez liberado o condutor e único ocupante do vehículo, foi trasladado polos servizos sanitarios ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Comentarios
Lo más