Dende Pontecesures para o mundo
A fábrica de Pontecesures, que conta actualmente con sete liñas de enchido, inaugurouse en 1939 e é unha das máis antigas de Nestlé en España
A factoría que a compañía Nestlé España ten en Pontecesures comezou a exportar a súa produción a Australia, país ao que prevé enviar unhas 7.000 toneladas de mercadoría.
Xunto a este novo destino, o centro ampliará tamén o volume de lácteos que produce para Nova Zelandia, un dos principais mercados exportadores de leite a nivel mundial, ao que destinará 1.300 toneladas anuais fronte ás 150 que envía na actualidade, informou a compañía nun comunicado.
Nestlé alcanzará con este incremento da produción case 60.000 toneladas de produto elaborado en 2020, un 13% máis que este ano, o que obrigará a ampliar o seu persoal ata os 180 traballadores.
Na fábrica de Pontecesures, a compañía elaborará para estes países de Oceanía tanto os botes de 397 gramos de cocido de leite e leite condensada, como os formatos serve fácil de doce de leite e o tubo de 170 gramos de leite condensado, todos eles producidos con leite galego.
Para iso, Nestlé prevé descargar na factoría pontevedresa uns 350.000 litros de leite diarios, recollidos na súa maioría nas máis de 150 explotacións gandeiras, situadas nun radio máximo de 60 quilómetros, que se prevé que traballen coa fábrica o ano que vén.
A fábrica de Pontecesures, que conta actualmente con sete liñas de enchido, inaugurouse en 1939 e é unha das máis antigas de Nestlé en España.
O 66 % da súa produción, ata o de agora preto de 55.000 toneladas anuais, expórtase a Oriente Medio, Europa -sendo os seus principais destinos Reino Unido, Francia, Portugal, Italia e Bélxica-, África central, o Magreb, Nova Zelandia e, a partir de agora, Australia.