miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Andaina solidaria a favor do Banco de Alimentos Municipal de Ames

Andaina solidaria a favor do Banco de Alimentos Municipal de Ames
Andaina solidaria a favor do Banco de Alimentos Municipal de Ames

Haberá unha carpa habilitada na praza de Chavián, na que se repartirá chocolate e rosca para todos os participantes, ademais da realización de diversos sorteos

O día 20 de decembro, ás 17.30 horas, terá lugar unha andaina solidaria a favor do Banco de Alimentos Municipal do Concello de Ames. Haberá unha carpa habilitada na praza de Chavián, na que se repartirá chocolate e rosca para todos os participantes, ademais da realización de diversos sorteos. Todo aquel que se anime poderá asistir disfrazado, cunha temática totalmente libre.

A andaina solidaria, organizada para o día 20 de decembro por parte da Oficina de Voluntariado de Ames, ten como obxectivo as doazóns de produtos de Nadal ou produtos de hixiene para os máis desfavorecidos.

Nestas achegas tamén colaborarán colexios e escolas infantís do concello e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). Así, os alumnos dos colexios e escolas infantís municipais colaborarán coa recollida de alimentos, mentres que a recen nada XEA colaborará coa recollida de produtos de hixiene persoal para entregar no día do andaina.

Tratarase dunha ruta circular de aproximadamente 5 quilómetros, máis concretamente, a Ruta dos Parques. Ademais, todo aquel que lle apeteza poderá asistir disfrazado, con temática libre. Desta maneira, dende o departamento de Benestar Social do Concello de Ames animan a participar no evento solidario a toda á veciñanza, independentemente da súa idade, e axudar dunha maneira divertida a todos aqueles que máis o necesitan.

Comentarios
Lo más