miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Éxito de audiencia na nova sesión do Ciclo de Teatro de Outono do Concello de Boqueixón

Éxito de audiencia na nova sesión do Ciclo de Teatro de Outono do Concello de Boqueixón
Éxito de audiencia na nova sesión do Ciclo de Teatro de Outono do Concello de Boqueixón

A programación do Ciclo de Teatro de Outono, desenvolvido grazas ao apoio da Deputación da Coruña, continuará este domingo 1 de decembro cunha peza moi especial

Un cento de persoas acudiron o pasado sábado á Casa da Cultura de Camporrapado para asistiren á segunda sesión do Ciclo de Teatro de Outono do Concello de Boqueixón. O Grupo de Teatro Charamela de Melide fixo as delicias do público asistente coa posta en escena da súa obra Pode ser calquera...

A programación do Ciclo de Teatro de Outono, desenvolvido grazas ao apoio da Deputación da Coruña, continuará este domingo 1 de decembro cunha peza moi especial. Redrum Teatro protagonizará o espectáculo sobre violencia de xénero Invisibles. As entradas son de balde, mais deberanse recoller na Casa do Concello antes deste venres 29 de novembro. O aforo é limitado.

Dende o Concello de Boqueixón animan a toda a veciñanza a asistiren ás distintas actuacións previstas para este mes e ata mediados do vindeiro de decembro. 

Comentarios
Lo más