miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Comezan as obras para instalar o saneamento no lugar de Carballal, na parroquia de Ribeira

Comezan as obras para instalar o saneamento no lugar de Carballal, na parroquia de Ribeira
Comezan as obras para instalar o saneamento no lugar de Carballal, na parroquia de Ribeira

O investimento desta intervención ascende a 43.560 euros

O Concello de Ribeira comezou as obras para a instalación dunha rede de bombeo con pozo de saneamento no lugar de Carballal, situada na parroquia de Palmeira, co fin de proporcionar un servizo de que carecía este núcleo.

Operarios da empresa Construcciones Anspal, S.L., son as encargadas de efectuar esta actuación, consistente na instalación dunha tubaxe de metros de lonxitude e, no punto máis baixo do trazado, situarase un pozo de rexistro con dous bombas mergulladas. Dende alí se impulsarán as augas a través doutra tubaxe de polietileno de 100 metros de longo ata entroncar coa rede xeral. Tamén se crearán 11 pozos de rexistro. O camiño en cuestión será afectado cunha mestura bituminosa en quente.

O investimento desta intervención ascende a 43.560 euros. O prazo de execución son tres meses.

Comentarios
Lo más