jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Case 200 incidencias por mor do temporal

Case 200 incidencias por mor do temporal
Case 200 incidencias por mor do temporal

Das case 200 intervencións contabilizadas polo 112 Galicia ata este momento, preto da metade desenvolvéronse na provincia coruñesa

A provincia da Coruña rexistra o groso das incidencias relacionadas co episodio de vento e choiva que afecta á Comunidade galega.

Así, das case 200 intervencións contabilizadas polo 112 Galicia ata este momento, preto da metade desenvolvéronse na provincia coruñesa.

Maioritariamente, temos que falar de árbores e pólas caídas e tamén do traballo dos equipos de emerxencias para resolver situacións de risco, como, por exemplo, obxectos a piques de desprenderse. Con todo, ningunha das incidencias rexistradas no 112 Galicia dentro deste contexto reviste gravidade, máis alá das dificultades creadas por diversos obstáculos que, por mor do vento, puideron irromper nas vías.

En definitiva, preto de 200 incidencias, que se repartiron pola xeografía galega da seguinte forma: 85 na provincia da Coruña, 62 en Pontevedra, 31 en Lugo e 14 en Ourense. En relación á tipoloxía da incidencias, cómpre salientar o número de intervencións xeradas pola caída de árbores e pólas, que superaron a centena. Deseguido, destacan os traballos dos equipos de emerxencias para atallar situacións de risco, que sumaron 38 incidencias.

Por concellos, na Coruña, foron os municipios de Santiago, Oza-Cesuras, Cambre e Outes os que contabilizaron máis intervencións, mentres que, en Pontevedra, sobresaíron por número A Estrada, Cañiza, Valga e Catoira. Pola contra, en Lugo, foron A Pontenova, Pantón e Friol e, en Ourense, Castrelo de Miño. 

Comentarios
Lo más