jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Encontro do alcalde con Miguel Pinto, da Agência de Notícias de Portugal

Encontro do alcalde con Miguel Pinto, da Agência de Notícias de Portugal
Encontro do alcalde con Miguel Pinto, da Agência de Notícias de Portugal

A Lusa - Agência de Notícias de Portugal é a maior axencia de lingua portuguesa

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este martes con Miguel Pinto, da Agência de Notícias de Portugal Lusa.

No encontro tamén estivo presente a coordinadora de marketing da Axencia, Sofia Cortes Cadete. Ambos trasladaron ao rexedor compostelán a intención da axencia de organizar en vindeiras datas e nunha cidade aínda por concretar un foro sobre o Camiño de Santiago. Acompañou a Miguel Pinto e Sofia Cortes o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Mao.

A Lusa - Agência de Notícias de Portugal é a maior axencia de lingua portuguesa. Naceu en 1986 e conta con máis de 280 xornalistas ao seu servizo esparcidos por todo o mundo. É membro e ten participación na Axencia Europea de Fotografía. 

Comentarios
Lo más