miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Distribuen miás de 51.000 millóns de euros polo desastre do Prestige

Distribuen miás de 51.000 millóns de euros polo desastre do Prestige
Distribuen miás de 51.000 millóns de euros polo desastre do Prestige

Os fondos repártense proporcionalmente, segundo as indemnizacións recoñecidas, entre o Estado español -­como principal prexudicado­-, que recibirá 40.671.748 euros, o francés (9.265.515 euros), a Xunta de Galicia (202.472 euros) e outros 262 afectados

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña emitiu unha providencia na que acorda distribuír as cantidades depositadas no órgano xudicial entre os 265 afectados pola catástrofe do Prestige. En concreto, a Audiencia reparte 51.742.034 euros, dos que 27.199.464 foron depositados polo FIDAC. 

O resto, 24.542.570 euros, proceden na súa maioría (22.777.986­) da aseguradora do buque, The London Steamship Owners Mutual Insurance Association (The London P&I CLUB) e, o resto, da venda do fuel recuperado do petroleiro. 

Os fondos repártense proporcionalmente, segundo as indemnizacións recoñecidas, entre o Estado español -­como principal prexudicado­-, que recibirá 40.671.748 euros, o francés (9.265.515 euros), a Xunta de Galicia (202.472 euros) e outros 262 afectados pola vertedura que son particulares, empresas, mancomunidades, concellos e sociedades.

A Audiencia estableceu o principal de execución de sentenza en 1.441.562.943 (sen contar os 392.923.977 de xuros moratorios; 87.144.811 de xuros procesuais; e 573.797.973 de xuros, custas e gastos de execución). 

Comentarios
Lo más