miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Arden dúas vivendas en Foz

Arden dúas vivendas en Foz
Arden dúas vivendas en Foz

Foi un particular quen, sobre as 08:15 horas desta mañá, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda

Dúas casas situadas en Caritel, en San Martiño de Mondoñedo, no concello lucense de Foz, arderon esta mañá na súa totalidade e outra lindeira tamén se viu afectada. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, posto que a única persoa que se atopaba nese momento no interior da vivenda onde se orixinou o lume, puido ser evacuada polos veciños.

Foi un particular quen, sobre as 08:15 horas desta mañá, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que ardía a casa da veciña, un inmoble de dúas alturas.

A partir de aí, os xestores do 112 alertaron de inmediato aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Debido á magnitude e á rapidez con que se propagaron as lapas, foi necesaria a colaboración dos Bombeiros de Viveiro para atallar o lume, que xa se propagara a dúas casas mais.

A esta hora, o lume xa foi extinguido, aínda que, os membros do servizo de extinción de Barreiros continúan no punto refrixerando a zona. Arderon dúas casas por completo e unha terceira tamén se viu afectada.

Comentarios
Lo más