miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferido de consideración un operario en Cerceda ao quedar atrapado o seu brazo nunha cinta transportadora

Ferido de consideración un operario en Cerceda ao quedar atrapado o seu brazo nunha cinta transportadora
Ferido de consideración un operario en Cerceda ao quedar atrapado o seu brazo nunha cinta transportadora

Con todo, tivo que ser evacuado polos servizos sanitarios de urxendia debido ás importantes lesións que presentaba nos brazos

Un operario resultou ferido ao quedar atrapado nunha cinta transportadora en Cerceda.

Ao lugar acudiron os Bombeiros de Ordes, que descartaron intervir en canto comprobaron que o traballador estaba liberado e accesible.

Con todo, tivo que ser evacuado polos servizos sanitarios de urxendia debido ás importantes lesións que presentaba nos brazos. Así, para a súa atención activouse un operativo ás 13:30 horas de onte, cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun compañeiro para pedir asistencia urxente.

Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e das forzas da orde, ao lugar do accidente acudiron os Bombeiros de Ordes, pois as primeiras noticias recibidas no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia indicaban que a persoa estaba atrapada na cinta transportadora. Sen embargo, á chegada dos efectivos de salvamento e rescate, o ferido estaba xa liberado, polo que descartaron empregar os equipos de excarceración. 

Comentarios
Lo más