miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Catro persoas afectadas por un escape de monóxido de carbono nunha casa de Tomiño

Catro persoas afectadas por un escape de monóxido de carbono nunha casa de Tomiño
Catro persoas afectadas por un escape de monóxido de carbono nunha casa de Tomiño

Entre os afectados, contaban catro menores e un adulto, que foron trasladados ao centro hospitalario de referencia por mor dos síntomas compatibles cunha intoxicación por monóxido

Un total de cinco persoas, catro delas menores, foron evacuadas na tarde de onte con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono.

Ocorreu nun domicilio do Barrio de San Lorenzo, en Tomiño, onde os bombeiros puideron comprobar como a mala combustión dunha cociña de leña liberou suficiente monóxido como para provocar malestar xeral e somnolencia a cinco persoas.

Entre os afectados, contaban catro menores e un adulto, que foron trasladados ao centro hospitalario de referencia por mor dos síntomas compatibles cunha intoxicación por monóxido. Un gas que puido acumularse na estancia a causa dunha mala combustión dunha cociña de leña á que se lle subministrou material de combustión distinto. Así o explicaron os Bombeiros do Baixo Miño ao 112 Galicia tras rematar a súa intervención na vivenda, na que realizaron as medicións correspondentes con resultado positivo. Deste xeito, ventilaron o inmoble e volveron comprobar os niveis para determinar a mellora da calidade do aire.

Cómpre sinalar que o 112 Galicia tivo coñecemento deste suceso pasadas as seis desta tarde mediante un aviso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pois xa estaban no lugar para atender aos afectados. O seguinte paso foi a alerta dos efectivos do parque comarcal do Baixo Miño co fin de comprobar o estado das instalacións e tratar de localizar a orixe do gas.   

Comentarios
Lo más