jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

As estudantes de Traballo Social fixeron unha performance na Quintana contra a violencia de xénero

As estudantes de Traballo Social fixeron unha performance na Quintana contra a violencia de xénero
As estudantes de Traballo Social fixeron unha performance na Quintana contra a violencia de xénero

O alumnado da Escola Universitaria de Traballo elaborou unha árbore cos seus corpos e pintou un graffiti arredor desta temática mentres diversas persoas curiosas paraban a ver a actividade

O Colexio de Traballo Social de Galicia (COTSG) e a Escola Universitaria de Traballo Social (EUTS) levaron a cabo unha performance na Praza da Quintana para visualizar e sensibilizar ás persoas sobre a violencia machista. 

Por unha banda, o alumnado creou unha árbore cos seus corpos nas escaleiras da praza. A profesora da EUTS, Lorena Añón explicou que “as raíces son as redes que tecemos as mulleres coa nosa loita para que a violencia de xénero teña o seu fin. O tronco somos todas aquelas que aportamos a nosa forza para que a loita non cese, as ramas son todas as mulleres do mundo, as follas as que foron asesinadas e os froitos a esperanza do cambio social”. 

Por outra banda, o alumnado tamén desenvolveu un graffiti coa mesma temática da árbore. Os graffiteiros de Vella Escola foron os encargados de titorizar este obradoiro. Así, desde as doce da mañá ata as dúas da tarde todas as persoas que pasaron pola Praza da Quintana puideron ver ambas actividades e escoitar o manifesto lido tamén polas alumnas e alumnos.  Non faltaron as persoas curiosas que se pararon a preguntar e a fotografar a actividade. O persoal do COTSG repartiu bolígrafos e material informativo sobre a labor que desenvolve o traballo social.

Comentarios
Lo más