Unha persoa falece en Ourense tras ser atropelada por un turismo
15:59 25/11/19
15:59 25/11/19
Ao fío das 18:30 horas deste domingo, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia do acontecido
Unha persoa faleceu en Ourense despois de ser atropelada cando transitaba pola rúa da Pena Trevinca, á altura do colexio das Carmelitas, no concello de Ourense.
Ao fío das 18:30 horas deste domingo, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia do acontecido. No seu relato, solicitaba asistencia sanitaria para a persoa.
A partir de aí, os xestores do 112 informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e a Protección Civil. Así mesmo, os Bombeiros de Ourense tamén foron informados.
Unha vez no punto, malia os intentos de reanimación, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.