miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Compos topa con Rama e os paus

O Compos topa con Rama e os paus
O Compos topa con Rama e os paus

Empate a cero na Porta Santa entre o Paiosaco e o Compostela nun partido baixo a chuvia no que a esedé topou con Rama e os paus

Paiosaco 0 0 Compostela
 

Partido marcado pola chuvia na Porta Santa entre o Paiosaco e Compostela. A esede buscou desde o inicio a meta rival empurrado pola afición presente. No 8' tivo a primeira ocasión o conxunto compostelán cun córner ao segundo pau, que rematou Pablo Antas coa dereita, pero o balón marchou pegado ao poste da portería de Rama.

Pouco despois estrellouna no pau a esedé. Púxoa Pablo Antas, tocouna un defensa, despois Rama e o balón foise á escuadra da portería. O encontro trancorría baixo a chuvia e de novo sería o pau o que se interpuxo entre o Compos e o gol. Nesta ocasión, no 33', foi un tiro de Brais Abelenda ao pau longo, que superara a Rama, pero o balón estampouse contra o poste e saíu cara a fora.

A pesar das intentonas visitantes, non se moveu o marcador en Porta Santa na primeira metade e co 0-0 chegábase ao descanso. 

Tralo paso por vestiarios, o guion continuou sento o mesmo aínda que con menos perigo que no primeiro tempo. O monólogo da esedé durante todo o partido buscando o gol solo se viu truncado por unha acción illada na que o balón acabou na rede de Pato, pero foi anulado o tanto por fora de xogo.

Xa nos últimos compases do encontro volveu aparecer Rama que estirouse para despexar un cabezazo e aguantou nun man a man. Non parou de intentalo a esedé pero non atopou forma de envialo balón á rede e que 0-0 acabou o partido. 


Ficha técnica
Paiosaco:  Rama, Ventola, Beto, Cristian, Días, Samuel Pardo, Juan De Dora (David Gonzalez, min.75), Fuentes, Otero (Iván Amor, min.80), Josiño (Eiroa, min.71) e Pablo
Compostela:  Pato Guillén, Saro, Jimmy, Álvaro Casas, Soto, Baleato, Miki, Pablo Antas, Primo, Josiño y Jose G (Rodrigo Alonso, min.67)
Goles: sen goles
Árbitro: Iván Abel Bruzos. 
Incidencias: Partido correspondiente a la décimo cuarta jornada del Grupo I de Tercera disputado en Porta Santa
 
Comentarios
Lo más