jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

As Princesas Disney sumanse ó Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

As Princesas Disney sumanse ó Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
As Princesas Disney sumanse ó Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

A asociación feminista galega ATAEGA denunciou este domingo a idea de amor romántico como fonte de violencia machista nunha performance artística coas princesas Disney como protagonistas baixo o lema #nonéamorsenosmata.

A praza da Quintana acolleu este domingo un acto da asociación feminista ATAEGA no marco do Díá Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller baixo o lema #nonéamorsenosmata.

A partir dunha análise critica das historias das princesas Disney, este grupo de mulleres escenificou como as historias coas que medramos poden chegar a xustificar, baixo a idea do amor romántico, un papel da muller lonxe de igualitario, e que en moitos casos, está detrás da violencia machista.

En esta performance víronse reflectidas outras perspectivas sobre as historias. Escoitouse, entre outras, a Brancaneves: “Atopei refuxio servindo a sete homes agardando ao meu salvador” e a Ariel, a serea: “Volvinme unha muller acalada e renunciei ao meu corpo e vida para conseguir a aceptación dun home”.

Comentarios
Lo más