miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

CA chama a atención sobre o estado da costa de San Domingos de Bonaval

CA chama a atención sobre o estado da costa de San Domingos de Bonaval
CA chama a atención sobre o estado da costa de San Domingos de Bonaval

O Grupo Municipal de Compostela Aberta presenta un rogo para solicitar o arranxo do pavimento da costa de San Domingos de Bonaval.

Sengundo CA, a Costa de San Domingos de Bonaval liga a Porta do Camiño coa Rúa de Valle Inclán, un vial ben coñecido por ser o camiño de subida ao Museo do Pobo Galego e o CGAC, "ten o seu pavimento nun estado lamentable". 

O grupo municipal manifesta que a costa "precisa dun mantemento e dunha vixilancia especialmente sensible, sobre todo no seu tramo final subindo, onde conflúe o tránsito rodado procedente da rúa de San Domingos de Bonaval e o que ven desde a Porta do Camiño". 

Recalcan que no mandato anterior "foi unha das prioridades do goberno de Compostela Aberta, mellorar a calidade urbana e o mantemento". Un mandato durante o que se repararon varias zonas da cidade, a través de varios grandes contratos de mantemento e que desde febreiro deste ano o Concello dispón dun contrato de mantemento para a reparación da rede viaria de titularidade municipal. 

Tal e como apuntan, a adxudicación, por dous anos, dividiuse en tres lotes cun orzamento dun millón de euros para o mantemento e reparación de viarios con pavimentos asfálticos. O segundo lote, ao que se destinan 600.000 euros, é o de pavimentos non asfálticos, e o terceiro, cun orzamento de 300.000 euros, é o de viarios sen pavimentos de rodaxe específicos.

Así, CA solicita que se repare o pavimento da Costa de San Domingos de Bonaval, na maior brevidade posible.

Comentarios
Lo más