Interceptado na ría de Aldán o primero 'narcosubmarino'
Dúas persoas foron detidas na ría de Aldán este domingo ser sorprendidas dentro de un submarino que transportaba droga hacia la costa gallega
Dúas persoas, presuntamente de orixe senegalés, foron detinas este domingo nunha operación levada a cabo na ría de Aldán onde a Garda Civil logrou interceptar un submarino que transportaba un alixo de droga. Un terceiro tripulante está sendo buscado e os controis se multiplican arestora na comarca do Morrazo.
A operación corresponde a unha intervención conxunta da unidade de Drogas e Crime Organizado (Udyco) de Pontevedra en colaboración co Grupo de Resposta Especializada contra o Crime Organizado da Policía Nacional e efectivos do Servizo de Vixilancia de Aduanas, en coordinación con outras forzas internacionais lideradas desde España.