miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

En Galicia hai 3.550 casos activos de seguimento e protección de vítimas de violencia de xénero

En Galicia hai 3.550 casos activos de seguimento e protección de vítimas de violencia de xénero
En Galicia hai 3.550 casos activos de seguimento e protección de vítimas de violencia de xénero

Representantes de institucións e entidades alertan da "reinvención" da violencia de xénero coa aparición das redes sociais e avogan, para afrontar este problema, pola formación en materia de xénero e unha "atención integral" ás vítimas, segundo aseguraron, con motivo da conmemoración, o día 25, do Día Mundial para a Eliminación da Violencia contra a Muller.


En Galicia hai 3.550 casos activos de seguimento e protección de vítimas de violencia de xénero, na súa maior parte, 1.635 de 'risco baixo' fronte a 26 de 'risco alto'. Delas, 24 corresponden a mulleres con menos de 18 anos; 960 a vítimas con idades entre os 18 e os 30 anos; 1.497 entre 31 e 45 anos; 935, entre 46 e 64, e outras 133, máis de 65 anos. Destas, 2.714 son españolas e outras 836 estranxeiras, colectivo no que houbo 18 mulleres ás que se autorizou residencia temporal.

No que vai de ano, contabilizáronse como violencia de xénero tres vítimas mortais —dúas en Pontevedra e unha en Lugo—, un número similar á dos últimos anos con excepción de 2015 cando houbo oito mulleres falecidas, segundo o portal estatístico da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero.

A 30 de xuño, as denuncias elevábanse a 3.343, fronte ás 6.537 e 6.436 de 2018 e 2017, respectivamente. As ordes de protección incoadas ascendían, a esa data, a 957. Mentres os dispositivos de control telemático activos elévanse a un total de 49.

Comentarios
Lo más