A Fundación Andrea celebrou a súa Gala Solidaria de Nadal
O Nadal adiantouse en Compostela ca celebradión da Gala Solicdaria da Fundación Andrea
´
As conselleiras de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, Política Social, Fabiola García, e do Mar, Rosa Quintana, participaron na noite do sábado na Gala Solidaria da Fundación Andrea. O evento, que se celebrou no Pazo de San Lourenzo, en Santiago de Compostela, tiña como obxectivo recadar fondos para as iniciativas que desenvolve esta entidade, centrada no apoio ás nenas e nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais e ás súas familias.
Durante este ano beneficiáronse dos seus proxectos solidarios unhas 200 familias nas casiñas de acollemento e preto de 300 das bolsas de axuda económica.
Coma cada ano na Gala Solidaria de Nadal da Fundación Andrea houbo actuacións, sorteos, pero tamén moitas sorpresas.