Unha cidade baixo a chuvia
08:00 23/11/19
08:00 23/11/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 7ºC e a máxima chegará aos 12ºC.
O sábado Galicia continuará con inestabilidade atmosférica, pola presenza dunha borrasca situada en Francia.
Polo tanto, os ceos estarán parcialmente anubrados con chuvias de tipo intermitente.
A cota de neve estará situada nos 1.200 metros ao principio da xornada e irá en progresivo ascenso.
As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 7ºC e a máxima chegará aos 12ºC.
O vento soprará do noroeste, sendo forte no litoral norte.