miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferida unha muller tras colidir o seu vehículo contra un camión en Tomiño

Ferida unha muller tras colidir o seu vehículo contra un camión en Tomiño
Ferida unha muller tras colidir o seu vehículo contra un camión en Tomiño

Os feitos sucederon no punto quilométrico 59 da PO-552, ao redor das 17:55 horas

Unha persoa resultou ferida de consideración esta tarde nunha colisión entre un turismo e un camión en Tomiño. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima foi excarcerada polos Bombeiros do Baixo Miño ao quedar atrapada no interior do coche accidentado.

Os feitos sucederon no punto quilométrico 59 da PO-552, ao redor das 17:55 horas.

Unha persoa particular alertou ao 112 Galicia do sinistro. A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Porriño, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local , do GES da Guarda e de Protección Civil da localidade. Ademais, informouse do sucedido aos Bombeiros de Vigo.

Comentarios
Lo más