miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O pavillón do colexio Jaime Balmés de Noia acolle catro Campionatos Galegos de Promesas

O pavillón do colexio Jaime Balmés de Noia acolle catro Campionatos Galegos de Promesas
O pavillón do colexio Jaime Balmés de Noia acolle catro Campionatos Galegos de Promesas

A sesión incluirá oito combates, entre os que destacan o de Goyo “Rubio” García e Santi “Chacal” Alonso e a reaparición sobre o cuadrilátero de Yoelbis Medina Martínez contra Alberto “Rayo” Rosales

A concelleira de Deportes, Laura Salgado; o presidente do Club de Loita Noia, Moisés Hermo; e o púxil Yoelbis Medina Martínez presentaron esta mañá a velada de boxeo amateur que terá lugar mañá sábado 23 de novembro, a partir das 20:30 horas, no pavillón do colexio Jaime Balmés de Noia. “Unha velada que inclúe oito combates, dos cales catro son finais dos campionatos galegos de promesas de -52, -56, -60 e -69 quilos nos que participarán tres representantes do Club de Loita Noia”, explicou Moisés Hermo.

O presidente do Club de Loita Noia agradeceu a colaboración do Concello de Noia na organización desta velada, nos que as entradas terán un prezo de 10 euros (grada) e 12 euros (silla). Pola súa banda, Laura Salgado amosou “o máximo apoio e a nosa admiración a estes deportivas”, aos que desexou moita sorte e que “deixedes Noia o máis alto posible”. Así mesmo, fixo “un chamamento á veciñanza para que asistan á velada e apoien aos nosos deportistas”.

Tres finais “noiesas”

A velada de mañá sábado incluirá catro finais de Campionatos Galegos de Promesas, tres das cales estarán protagonizadas por púxiles do Club de Loita Noia. Así, no peso de -56 quilos, o púxil noiés Pablo Linayo (Club de Loita Noia) enfrontarase a Adrián Ortega, do Olimpo´s Gym de Ourense. No peso de -60 quilos, Nelson Castro (Club de Loita Noia) competirá con Diego Lago, do Thunder Team de Vigo. Finalmente, o local Miguel Ángel Prado (Club de Loita Noia) disputará a final do Campionato Galego de Promesas de -69 kg fronte a Carlos Seoane, de La Vieja Escuela.

A velada incluirá outra final do Campionato Galegos de Promesas para -52 kg que disputarán Daniel Novoa, do Olimpo´s Gym de Ourense, e Abdul Mohon, do BKC de A Coruña. Completarán a velada outros tres combates: Adrián Formoso, do Dani Galdo Team, fronte a Marcos Gómez, do Kick & Box de Salceda; a reaparición sobre o cuadrilátero do púxil Yoelbis Medina Martínez (Club Loita Noia) fronte a Alberto “Rayo” Rosales, do Club Deportivo Sagabox; e un derradeiro combate entre a figura noiesa Goyo “Rubio” García (Club de Loita Noia) e Santi “Chacal” Alonso, do Club Deportivo Sagabox.

Comentarios
Lo más