O Goberno Local adica 6 millóns de euros para reducir a débeda
07:30 22/11/19
07:30 22/11/19
. Estas operacións permitirán reducir a débeda en 6.434.602, 94 millóns de euros
A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria celebrada este xoves, aprobou dous suplementos de crédito destinados á amortización de débeda bancaria. Estas operacións permitirán reducir a débeda en 6.434.602, 94 millóns de euros.
Estes suplementos de crédito, un de 5.055.032,54 euros e outro de 1.379.570,40 euros, fináncianse co remanente líquido de Tesourería para gastos xerais do exercicio 2018.