miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Confirman a condena a tres anos de cárcere unha muller que recibiu en Ponteareas un paquete con droga

Confirman a condena a tres anos de cárcere unha muller que recibiu en Ponteareas un paquete con droga
Confirman a condena a tres anos de cárcere unha muller que recibiu en Ponteareas un paquete con droga

O envío foi interceptado en Alemaña, desde onde se alertou ás autoridades españolas, as cales acordaron realizar unha entrega controlada do paquete

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou o recurso presentado por unha condenada a catro anos de cárcere e ao pagamento dunha multa de 20.000 euros como autora dun delito contra a saúde pública por idear un plan para recibir nunha vivenda de Ponteareas un paquete procedente de Paraguai que contiña cocaína.

O envío foi interceptado en Alemaña, desde onde se alertou ás autoridades españolas, as cales acordaron realizar unha entrega controlada do paquete. A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra tamén condenou outro acusado de participar no plan a tres anos de cárcere e ao pagamento de 17.750 euros. Neste caso acordaron a suspensión da pena durante catro anos coa condición de que nese prazo non delinca e se someta a un tratamento de deshabituación de drogas.

O TSXG argumenta na resolución que “non cabe dúbida ningunha de que o razoamento da sentenza apelada para xustificar a imputación da acusada dos feitos declarados probados é razoable e consistente, apoiado en sólidas inferencias que, de ningún xeito, se desvirtúan polo exposto no recurso”. 

Ademais, os maxistrados do alto tribunal indican que “non só a razoabilidade, senón a impresión directa que no tribunal de instancia proxectaron as manifestacións de todas as testemuñas, impide atribuír outro sentido ao referido por aquelas, polo que a confirmación da resolución impugnada é ineludible”. 

Comentarios
Lo más