Chega unha nova frente na cidade
08:00 21/11/19
08:00 21/11/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 7ºC e a máxima chegará aos 10ºC
Mantéñense os ventos do suroeste, polo que non se agardan cambios na situación meteorolóxica.
Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos máis frecuentes na metade oeste.
Pola noite as precipitacións serán persistentes e máis intensas nas comarcas atlánticas.
As temperaturas non experimentarán cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 7ºC e a máxima chegará aos 10ºC.
Os ventos soprarán frouxos do suroeste durante o día, aumentando a moderados pola noite, con intervalos fortes no litoral atlántico.