O profesorado galego tomas as rúas de Compostela para a recuperación do horario lectivo
Estas mobilizacións enmárcanse dentro da estratexia mobilizadora iniciada a semana pasada cunha concentración de delegadas diante da Consellería en Santiago
CCOO-Ensino, CIG, ANPE, FeSP-UGT, STEG e CSIF como organizacións con representación no ensino público chaman unitariamente a concentrarse nas sete grandes cidades pola recuperación dos horarios lectivos de 21 horas en primaria e de 18 horas en secundaria, logo da negativa da Consellería a abrir as negociacións para recuperalos.
Estas mobilizacións enmárcanse dentro da estratexia mobilizadora iniciada a semana pasada cunha concentración de delegadas diante da Consellería en Santiago.
As demandas dos e das representantes do profesorado son xustas e queremos salientar que non se trata de ningunha redución de horario de traballo, que continuaría a ser o mesmo, senón dunha redución de horario lectivo que permitiría dedicar máis horas para cuestións organizativas e unha mellor atención personalizada ao alumnado. Tamén é un dato importante para as e os responsables da educación galega que outras sete comunidades autónomas xa iniciaron e algunha xa rematou o proceso de recuperación do horario lectivo.