Compostela conta con catro rúas novas
Así, as rúas A, B, C e D do ámbito da Amañecida pasan a denominarse, respectivamente, Alcalde Marcial Castro Guerra, Aspas, Concha Castroviejo e María Tobío
A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria, aprobou a designación de catro novas rúas do ámbito do SUNP-20 da Amañecida. As denominacións foron seleccionados da lista de nomes aprobada en Pleno.
Así, as rúas A, B, C e D do ámbito da Amañecida pasan a denominarse, respectivamente, Alcalde Marcial Castro Guerra, Aspas, Concha Castroviejo e María Tobío.
SMARTIAGO
Na mesma reunión da Xunta de Goberno deuse conta da convocatoria de consulta preliminar de mercado dentro do programa Smartiago. Hoxe xoves presentarase esta convocatoria nunha xornada que se celebrará no Hostal dos Reis Católicos a partir das 11:00 horas