jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A Xerencia Sanitaria Compostelá incorpora novas prazas de médicos, enfermeiras e matronas

A Xerencia Sanitaria Compostelá incorpora novas prazas de médicos, enfermeiras e matronas
A Xerencia Sanitaria Compostelá incorpora novas prazas de médicos, enfermeiras e matronas

O incremento de Médicos de Familia prodúcese nos centros de saúde de Bertamiráns

 Área Sanitaria de Santiago incorporará antes de que acabe o ano 7 novos profesionais sanitarios ao seu cadro de persoal en atención primaria, 2 médicos, 4 enfermeiras e 1 fisioterapeuta. Este incremento de persoal enmarcase dentro do Plan de Atención Primaria que está a desenvolver a Consellería de Sanidade e engádese ao aumento de 7 novas enfermeiras incorporadas o pasado ano.

Así, o centro de saúde de Bertamiráns contará con dous profesionais máis: médico e enfermeira para atender á súa poboación, maioritariamente xoven (con apenas un 15% de maiores de 65 años) xa que sumará o oitavo médico de familia para atender á súa poboación e a oitava enfermeira. O pasado ano este centro xa sumara ao seu cadro de persoal unha nova enfermeira, especialista en Atención Familiar e Comunitaria.

O centro de saúde de Boiro incorporará tamén outro efectivo para os coidados de enfermería, que se virá sumar ás 12 xa existentes. Tamén haberá incremento no cadro de persoal de Enfermería nos centros de saúde de Concepción Areal e Fontiñas, esta coa especialidade en Atención Pediátrica. O centro de saúde de Fontiñas tamén contará cun fisioterapeuta máis.

INCREMENTO ATENCIÓN MATRONAS

A Xerencia Integrada de Santiago tamén ven de acadar a ampliación e mellora da atención sanitaria ás mulleres en idade fértil nos concellos de Silleda, Vila de Cruces, Arzúa e Rianxo, tralo estudo das cargas de traballo e á reordenación conxunta da área na que xa se viña traballando desde principios deste ano.

Así, desde principios setembro ampliouse a atención a 21 horas semanais en Silleda (3 días) a 14 horas semanais en Vila de Cruces (2 días); a 28 en Arzúa e a 35 horas en Rianxo.

Co incremento no horario de atención das matronas en cada un destes centros, foméntase a accesibilidade das mulleres en idade fértil con domicilio nestes catro concellos a unha asistencia especializada de enfermería obstétrico-xinecolóxica, no punto máis próximo ao seu domicilio, facilitando así o seguimento e continuidade destes coidados.

As matronas dos centros de saúde da área compostelá realizaron pasado ano un total de 75.606 consultas, das que 14.046 foron telefónicas ás a redor de 93.052 mulleres en idade fértil da área compostelá.

Dentro da carteira de servizos da novas profesionais estará a preparación ao parto, asumindo directamente nestes centros tanto as consultas como os cursos, ademais dos coidados postparto, o que inclúe o seguimento que se realiza, no centro de saúde ou a domicilio, de atención inicial ao recen nado e a nova nai, co obxectivo de valorar a saúde de ambos, ou incluso a valoración de risco social.

Dentro destas funcións tamén están incluídas a promoción da lactación materna, o seguimento ou controis das distintas curas; a derivación outros servizos de referencia, para o seguimento enfermidades metabólicas, vacinacións, control do desenvolvemento infantil, planificación familiar ou atención temperá. Estes programas asistenciais e preventivos combinaranse coas consultas ordinarias e a participación nas distintas campañas especiais, de vacinación, educación sanitaria, ou das distintas patoloxías que afecten á muller ou ao recén nado.

APOSTA POLA ESPECIALIZACIÓN ENFERMEIRA

A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago continúa coa súa aposta pola especialización do persoal de enfermería. Ademais das enfermeiras especialistas en saúde obstétrico-xinecolóxica, presentes desde hai anos nos centros de Atención Primaria, a área sanitaria compostelá foi incorporando enfermeiras especialistas ao seu cadro de persoal, así foi a primeira en España en contar cunha enfermeira especialista en pediatría nun centro de saúde.

Por outra banda, no pasado mes de xuño incorporou ao seu cadro de persoal a 3 novas enfermeiras especialistas en Atención Familiar e Comunitaria nos centros de saúde de A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Concepción Arenal. Así, os centros de saúde da área sanitaria compostelá terán 10 enfermeiras con diferentes especialidades (a maiores das especialistas en saúde obstétrico-xinecolóxica, que xa conta con máis tradición na Atención Primaria).

O novo persoal vense sumar a outras tres enfermeiras especialistas que iniciaron o seu traballo o pasado ano nos centros de saúde de Valga, Santa Comba e Bertamiráns. Así mesmo desde xuño do 2018 os centros de saúde de Fontiñas e Concepción Arenal contan con enfermeiras especialistas en Saúde Mental.     

Comentarios
Lo más