miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Estrela Gaels poñen en dificultades aos Herdeiros de Dhais

O Estrela Gaels poñen en dificultades aos Herdeiros de Dhais
O Estrela Gaels poñen en dificultades aos Herdeiros de Dhais

O Estrela Vermelha masculino tamén xogou nesta fin de semana en Cambados

O Estrela Gaels segue a mellorar a súa imaxe na Liga Galega de Fútbol Gaélico, mais non consegue sumar puntos. Traballada vitoria do conxunto dezano no sintético de Chaián.



Na primeira parte o ritmo do partido foi frenético, con ambas equipas volcadas no ataque. De novo Gippi tiña as chaves para abrir a lata do partido en favor dos blaugranas e, a continuación, intercambio de puntos e goles entre locais e visitantes. 

Finalmente chegaron ao descanso a un só punto de distancia para o conxunto lalinense. Na segunda parte, os dezanos tiraron de veteranía e aproveitaron o tiro a paus e o extraordinario estado de forma do MVP do partido, Julio Brandido. O partido tivo tramos de certa tensión e varias tarxetas negras/morenas para ambos combinados. O resultado final amosaba un Estrela Gaels 3-14 (23) - (29) 4-17 Herdeiros de Dhais.

Ao remate do partido aplausos aos xogadores e primeiros apupos para o adestrador do filial estreleiro, que precisa puntos se quere manterse no posto. Soa Jorgete como recambio se non melloran os resultados.

O Estrela Vermelha masculino tamén xogou nesta fin de semana en Cambados, cunha cómoda vitoria en que o debutante Emanoel fixo dobrete de goles para corrixir os problemas de definición dos dianteiros vermelhos. Resultado de 6-36 para os picheleiros. O Estrela Vermelha feminino tivo xornada de descanso, logo da racha de vitorias ante Turonia, Auriense e Fillas.

Comentarios
Lo más