jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Problemas na circulación en Rois ao envorcar a cisterna dun tractor

Problemas na circulación en Rois ao envorcar a cisterna dun tractor
Problemas na circulación en Rois ao envorcar a cisterna dun tractor

A causa do accidente, a circulación quedou bloqueada, pois o tractor e a cisterna ocupaban practicamente toda a calzada

Unha persoa resultou ferida despois de envorcar a cisterna enganchada ao tractor que conducía pola estrada vella Santiago-Noia, ao paso por Rois.

A causa do accidente, a circulación quedou bloqueada, pois o tractor e a cisterna ocupaban practicamente toda a calzada.

Sobre este suceso, alertou un particular que chamou ao 112 Galicia preto do mediodía. A partir de aí, activouse un operativo no que participaron, ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Boiro e os membros do GES de Padrón, aínda que descartaron intervir en canto comprobaron que o condutor do tractor estaba liberado e accesible. 

Con todo, a persoa necesitou asistencia médica e, de feito, foi atentido por un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no mesmo lugar do accidente sen que fose necesario o seu traslado.

Comentarios
Lo más