miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Primo impón a súa lei goleadora no Vero Boquete

Primo impón a súa lei goleadora no Vero Boquete
Primo impón a súa lei goleadora no Vero Boquete

Hat trick de Primo para deixar os tres puntos no Vero Boquete no derbi ante o Arzúa

Compostela 3 0 Arzúa


As primeiras opción de este derbi no Vero Boquete foron para a esedé. Primeiro unha cesión a favor do Compos. Balón ao espazo de Miki para Primo, e o central curtouna cara o seu porteiro. Sacou o conxunto local dende o punto de penalti. O lanzamento do libre indirecto petou contra a gran barreira visitante colocada baixo paus.

Nova ocasión no 10 para os locais. Balón ao espazo de Pablo Antas para Miki, entrou directo cara á portería, pero non foi quen de supera a Isra, quen a sacou co pé. Tamén probou Saro con un disparo desde o pico da área, que petou nun defensa e atrapou sen problemas Isra.

Na réplica, contra do Arzúa, con centro de Brais e remate arriba de cabeza de David, que chegou desde atrás. No 31' chegaría o gol pero foi anulado a Soto. O central cazou o rexeite dun córner, pero estaba en posición adiantada. Xusto despois, novo córner rematado por Soto, esta vez en posición legal, pero o seu cabezazo foise ao lateral da rede.

Os intentos frustados da esedé víronse recompensado ao fío do descanso cando chegou o gol. Xogada de insistencia do Commpos, gañaron tres rexeites dos visitantes e no último, Primo aproveitou o esférico para picala sobre o porteiro e mover o marcador. Co marcado de 1-0 chegábase ao descanso. 

O segundo tempo non puido empezar mellor para o equipo local. Non perdoou Primo. Balón ao espazo de Miki para deixar no man a man a Primo, quen regateou ao porteiro cun toque sutil e mandou o balón á rede cun disparo potente.

A punto estivo pouco despois de chegar o terceiro. Esta vez foi Miki quen se quedou no man a man, pero chegou forzado e non puido superar a Isra. Xusto despois roubou en tres cuartos, quedou o balón para Gabri Palmás, pero o seu disparo desde a frontal salvouno Isra cunha gran estirada. 

No pau estrellouna Pablo Antas no 64'. Falta desde a frontal que botou con delicadeza ao lado da barreira, pero cando non chegaba o porteiro, a pelota petou no poste. Pouco despois, rozou o hat-trick Primo. Entou ao seu par, pero esta vez Isra fíxose grande para evitar o tanto do cántabro. Paradón do porteiro.

Tanto vai o cantaro a fonte que chegou o terceiro de novo en botas de Primo. Saro puxo o pase da morte e o cántabro so tivo que empurrala. Acaba de chegar Primo pero xa impón a su lei goleadora. Co partido sentenciado pouca historia no Vero Boquete. O Compos suma e sigue e baila o son de Primo.

Ficha técnica
Compostela: Pato, Saro, Jimmy, Álvaro Casas (c), Soto, Baleato, Miki (Brais Abelenda, min 60); Pablo Antas, Primo (Alberto Freire, min 81), Josiño e Gabri Palmás (Rodri Alonso, min 72)
Arzúa: Isra S., Isra P., Edgar, Brais, Iker (Guedes, min 66), Álvaro (C), Caio (Garcia, min 50); Diego, Fernando, David (Vázquez, min 57) e Ramos
Goles: 1-0, min 41: Primo. 2-0, min 48: Primo. 3-0, min 79: Primo
Árbitro: Gabriel Quintairos Rial. Amonestó Primo e Isra P
Incidencias: Partido correspondiente a la décimo tercera jornada del Grupo I de Tercera Divisón disputado en el Vero Boquete de San Lázaro
 
Comentarios
Lo más