jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O BNG terá un primeiro contacto este luns con Lastra de cara á investidura

O BNG terá un primeiro contacto este luns con Lastra de cara á investidura
O BNG terá un primeiro contacto este luns con Lastra de cara á investidura

Néstor Rego porá enriba da mesa a "axenda galega", para a que espera "receptividade".

O deputado electo do BNG, Néstor Rego, reunirase este luns no Congreso coa vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, para manter o que será "o primeiro contacto" entre ambas as forzas de cara á investidura do presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez.


En concreto, segundo informan a Europa Press fontes do Bloque, Rego verase coa dirixente socialista ao redor das 12,00 horas na Cámara Baixa e porá encima da mesa a "axenda galega", para a que espera "receptividade".

E é que, tal e como indicou este sábado a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, Sánchez "faría moi mal en facerlle caso aos que din" que teñen o seu voto asegurado para a investidura.

Nunha semana na que medios de comunicación e forzas políticas barallaron as posibilidades que existen de que o acordo de Pedro Sánchez e Pablo Iglesias saia adiante, Pontón subliñou que o BNG non porá "liñas vermellas", pero tampouco votará a favor dunha investidura "por cheques en branco".

As principais condicións do Bloque pasan pola "receptividade da axenda galega" en Madrid, "a defensa da democracia, dereitos e liberdades" e o "marco da plurinacionalidade"

, indicou a líder frontista. O seu "enfoque ten altura de miras" e a postura final "será resultado das negociacións" que de desenvolverán esta semana. 

Comentarios
Lo más