Domingo pasado por auga en Compostela
As temperaturas oscilarán entre os 8 e os 12 graos
O domingo volverán a predominar os ventos de compoñente norte que traerán chuvascos. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvias intermitentes máis probables e intensas no norte e leste da Comunidade. A cota de neve situarase nos 1200 metros.
As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas. Os ventos soprarán do noroeste, con refachos fortes no litoral norte.
En Santiago, agárdase unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións durante toda xornada. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que ascenderán lixeiramente. En canto ó estado da calidade do aire, manterase bo en termos xerais.