jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

“Voces Violetas” no Pazo da Peregrina este luns

“Voces Violetas” no Pazo da Peregrina este luns
“Voces Violetas” no Pazo da Peregrina este luns

Terá lugar ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e está destinada a nais, pais, persoal docente ou calquera outra persoa interesada. A entrada é de balde ata completar aforo e non se precisa inscrición previa. 

A actividade Voces Violetas chega a Concello de Ames da man da Concellaría de Normalización Lingüística. Trátase dunha actividade encadrada dentro do programa Igual-son, incluída na campaña Nós contra a violencia, da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, que se desenvolve no marco do Pacto de Estado contra a Violencia da xénero.

Trátase dun obradoiro de dinamización lingüística e sensibilización contra a violencia de xénero impartido por Eva Mejuto. Ten como obxectivo axudarnos ás persoas adultas a detectar, analizar e combater, dentro do fogar e nos centros educativos, a desigualdade e o maltrato.


Que vai a tratar a actividade?

Segundo o xénero co que nacemos ponse en marcha todo un sistema de expectativas sociais que nos marcan o que temos que ser, sentir, pensar, facer... e que, polo tanto, condicionará a nosa forma de vivir. A través de pezas de cancións (tradicionais, antigas e contemporáneas de diversos xéneros musicais: coplas, boleros, pop, rock, rap e regetón) analizarase a presenza de micro e macro machismos e violencia emocional e verbal que axudan a perpetuar comportamentos de desigualdade.

Tamén serán analizados personaxes de series de ficción actuais, tanto para o público infantil, xuvenil ou adulto, así como personaxes literarios das lecturas máis aclamadas polo público xuvenil proporcionando ferramentas de análise para para sermos quen de detectar, analizar e combater, desde dentro dos nosos fogares, a desigualdade e a violencia. 
Comentarios
Lo más