miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 1000 persoas concorren ás probas Celga esta fin de semana

Máis de 1000 persoas concorren ás probas Celga esta fin de semana
Máis de 1000 persoas concorren ás probas Celga esta fin de semana

Santiago de Compostela e Ponferrada acollen entre hoxe e mañá as probas da segunda convocatoria do ano

Máis de 1000 persoas concorren esta fin de semana, en Santiago de Compostela e Ponferrada, á segunda convocatoria de probas do 2019 para acreditar oficialmente o seu nivel de competencia en lingua galega. Son 764 no nivel Celga 4 (592 en Santiago e 172 en Ponferrada) e 244 para o Celga 2 (196 en Santiago e 48 en Ponferrada). Os exames do Celga 4 celébranse hoxe no compostelán IES Antonio Fraguas Fraguas e na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada. Mañá será a quenda do Celga 2, con exame na Escola Galega da Administración Pública e na EOI ponferradina.

O secretario xeral de Política Lingúística, Valentín García, visitou esta mañá o IES Antonio Fraguas Fraguas para supervisar o correcto desenvolvemento das probas, que comezaron ás 9,00 horas e que se prolongarán ao longo de toda a xornada, con exames escritos e orais.

Acreditación adaptada ao Marco europeo común de referencia

O Celga é o certificado en lingua galega que expide a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e que acredita o coñecemento da lingua en cinco niveis: Celga 1, Celga 2, Celga 3, Celga 4 e Celga 5. Trátase dun modelo de aprendizaxe, ensino e avaliación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas definido polo Consello de Europa, no que se describen os coñecementos e habilidades que se contemplan en diferentes niveis para que a comunicación sexa eficaz.

Comentarios
Lo más