Máis de 70 intervencións por mor do mal tempo en Oroso
Durante a xornada de onte, a Agrupación de Protección Civil de Oroso, a Policía Local e a Brigada de Obras Municipal realizaron máis de 70 intervencións debidas a incidencias causadas polo mal tempo.
Os motivos foron variados, desde árbores caídos nas estradas polo vento, inundacións, colectores ou outro tipo de mobiliario urbano desprazado e causando problemas, e incluso unha saída ata o centro social de San Román, con danos importantes pola caída dunha árbore.
Dende o concello "agradecen o intenso traballo e a celeridade coa que acudiron ás demandas veciñais, co único obxetivo de protexer á cidadanía de Oroso". Ademáis, "lamentan o mal estado de mantemento das redes de empresas como Telefónica ou Naturgy (antiga Unión Fenosa), o que provoca diferentes problemas en días de mal tempo"
Por outra banda, o Concello "pide precaución nas próximas horas nas estradas e nas actividades no exterior, xa que continuará a adversidade meteoróloxica".