jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Os populares preguntan sobre o Centro BTT na Susana

Os populares preguntan sobre o Centro BTT na Susana
Os populares preguntan sobre o Centro BTT na Susana

O Grupo Municipal Popular pregunta con canto persoal conta o centro para atender ao público e cantas bicicletas puxo a disposición para o alugueiro desde a súa posta en servizo

O Grupo Municipal Popular ven de solicitarlle información ao Goberno de Sánchez Bugallo sobre o Centro de Bicicletas Todo Terreo (BTT) na Susana. Os Populares queren coñecer cal é a situación actual desta instalación e que servizos se están a prestar na actualidade nas súas instalacións. Así mesmo, tamén se solicita información para saber en que períodos permaneceu aberto ao público e con que horarios, desde a súa posta en servizo e que actividades se teñen desenvolvido, con detalle das datas de cada unha delas.

O Grupo Municipal Popular cree necesario coñecer con que persoal conta o centro para atender ao público e cantas bicicletas está a disposición para o alugueiro desde a súa posta en servizo e cal é o balance deste servizo de alugueiro nos máis de dous anos de funcionamento; e finalmente, que previsións manexa o Goberno municipal en relación con este centro para o vindeiro ano 2020.

Cabe lembrar que tras un longo proceso, iniciado en 2014 e que supuxo a rehabilitación da Escola Unitaria para a súa posta en valor como centro vinculado fundamentalmente ao turismo e ao deporte, en marzo de 2017 déronse a coñecer as instalacións do novo Centro de Bicicletas Todo Terreo (BTT) na Susana anunciando o inicio da súa actividade para o mes de maio daquel ano. 

Con todo, non sería ata o mes de setembro de 2017 cando se abriron ao público estas instalacións, promovendo os servizos alí ofrecidos a través dunha páxina web en internet e da publicación de trípticos de distribución pública.

Transcorridos máis de dous anos sen que se dera a coñecer un mínimo balance da actividade deste Centro de BTT que, entre outros servizos e segundo se recolle na páxina web, ofrece a posibilidade de alugueiro de bicicletas, aínda que o centro non dispón destes vehículos na actualidade e, desde o seu comezo, so dispuxo de bicicletas de paseo non adaptadas á maioría dos itinerarios deseñados e propostos desde o propio centro.

Como máis singularidade, no ano 2018, o centro permaneceu aberto durante os meses de outono e boa parte do inverno, pero no mes de febreiro, as bicicletas de paseo foron retiradas e, a finais dese mesmo mes, as instalacións deixaban de ofertar os seus servizos, sen retomalos ata agora.

Comentarios
Lo más