miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Intoxicadas dúas persoas en Sarria por monóxido de carbono

Intoxicadas dúas persoas en Sarria por monóxido de carbono
Intoxicadas dúas persoas en Sarria por monóxido de carbono

Os feitos sucederon á altura do número 158 da rúa de Calvo Sotelo, ao fío das 20:00 horas

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas a un centro médico ao presentar síntomas por unha posible intoxicación de monóxido de carbono procedente da defectuosa combustión dun quentador en Sarria.

Os feitos sucederon á altura do número 158 da rúa de Calvo Sotelo, ao fío das 20:00 horas. Nese momento, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba ao 112 Galicia do escape gas.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Sarria, da Policía Local e da empresa subministradora do gas.

Unha vez na vivenda, os servizos de emerxencia levaron a cabo as comprobacións correspondentes, que confirmaron a presenza de monóxido de carbono. A partir de aí procederon a ventilar a casa.

Comentarios
Lo más