Día de alternancias e noite chuviosa en Compostela
As temperaturas oscilarán entre os 9 e os 13 graos
O mércores Galicia estará situada entre unha nova borrasca en Irlanda e o anticiclón das Azores, á espera da chegada dunha fronte fría cara á noite. Polo tanto, os ceos estarán parcialmente anubrados con chuvias febles illadas e ocasionais durante o día. Pola noite as chuvias serán xeneralizadas e por momentos de forte intensidade, descendendo progresivamente a cota de neve.
As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso e as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará de compoñente norte pola mañá, rolando a oeste a partir do mediodía e soprando con forte intensidade pola noite.
En Compostela, durante o día espéranse chuvascos illados descargando auga principalmente durante a noite. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas en descenso moderado. Vento forte do Noroeste o xoves pola tarde. En canto ó estado da calidade do aire, manterase bo en termos xerais.