Máis de 200 mil euros para un alumeado de Nadal que se acenderá o 5 de decembro
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns adxudicou o alumeado de Nadal.
O alumeado de Nadal foi adxudicado á empresa Iluminaciones Santiaguesas por un importe de 215.985 euros (IVE incluído) e a súa posta en marcha será o 5 de decembro.
Así o indicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, na rolda de resumo da Xunta de Goberno. Tamén apuntou que nesta edición se manterá o Belén de San Fiz, pero que tamén volver a haber un Belén no Obradoiro. Os detalles da iluminación de Nadal serán presentados en breve en rolda de prensa.
Programa de Conciliación de Nadal
Seguindo co Nadal, deuse o visto bo á memoria do Programa Municipal de Conciliación de Nadal, que se desenvolverá os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2019 e 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020 no CEIP Monte dos Postes e no CEIP Ramón Cabanillas, así coma aos prezos públicos do programa.
Festa do Apego
Finalmente, aprobouse a realización nunha nova edición da Festa do Apego, que se celebrará o 28 de decembro no Auditorio de Galicia, cun orzamento total estimado total de 30.245 euros.