As chuvias dan unha tregua este luns en Compostela
As temperaturas oscilarán entre os 9 e os 13 graos
O luns chega unha fronte cálida a Galicia durante a mañá, que deixará os ceos cubertos con orballos nas primeiras horas. Á tarde iranse abrindo claros e quedarán algúns chuvascos illados e ocasionais no terzo norte.
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará de compoñente norte, máis intenso no litoral norte.
En Compostela amanecerá anubrado e con chuvias dando paso despois a ceos máis despexados e con pouca probabilidade de chuvia segundo avance o día. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios. En canto ó estado da calidade do aire, manterase bo en termos xerais.