jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Rescatan ao ocupante dun turismo atrapado tras saírse da vía en Ferrol

Rescatan ao ocupante dun turismo atrapado tras saírse da vía en Ferrol
Rescatan ao ocupante dun turismo atrapado tras saírse da vía en Ferrol

Os Bombeirosde Ferrol excarceraron esta madrugada a unha persoa que quedou atrapada no interior dun turismo tras saírse da vía cando circulaba pola estrada FE-14, no punto quilométrico 1, en Ferrol.

 No momento de producirse o accidente, o vehículo circulaba pola incorporación a estrada que discorre desde o Polígono da Gándara ata a Avenida das Pías, preto do Barrio de Caranza.

Tras recibir a alerta dunha persoa particular, ás 01:30 horas, na que solicitaba asistencia médica urxente para unha persoa atrapada, o 112 Galicia informou do suceso ademais de ao persoal sanitario, aos Bombeiros, aos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Finalmente, os profesionais sanitarios encargáronse do traslado do ferido ao centro hospitalario de referencia, unha vez que foi liberado polos efectivos do parque municipal da cidade.

Excarceración na Coruña
Case a mesma hora, ás 01:45 horas, os xestores do 112 Galicia foron informados polos servizos sanitarios de urxencia dunha saída de vía na Avenida de Enrique Salgado Torres, na Coruña. Indicaban que se trataba dun accidente con dúas persoas feridas, unha delas atrapada no interior do coche.

Axiña, o persoal do 112 Galicia poñía o suceso en coñecemento dos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local e Protección Civil da localidade. Ademais, solicitaron a intervención dos Bombeiros da Coruña que, rematada a súa intervención, confirmaron o uso do material de excarceración para liberar a unha persoa atrapada.

Comentarios
Lo más