jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Voto pasado por auga en Compostela

Voto pasado por auga en Compostela
Voto pasado por auga en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 8 e os 11 graos

O domingo chega unha nova fronte a Galicia, polo que se agarda outra xornada de precipitacións. Durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvias intermitentes e a partir do mediodía os ceos estarán moi cubertos con chuvias persistentes.

A cota de neve estará arredor dos 1.300 metros subindo aos 1.400 metros. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará do noroeste, fortes no litoral norte.

En compostela, ao igual que no resto da comunidade, esperase unha xornada electoral pasada por agua dende a mañá á noite con maior intensidade pola tarde. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios aínda que oscilarán. No referido ó estado da calidade do aire, manterase bo en xeral. 



Comentarios
Lo más