miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As claves dunha alimentación saudable nos Luns do Ateneo

As claves dunha alimentación saudable nos Luns do Ateneo
As claves dunha alimentación saudable nos Luns do Ateneo

Este luns o Ateneo de Santiago organiza, dentro do seu ciclo Os luns do Ateneo, unha conferencia que impartirá a catedrática en Tecnoloxía dos Alimentos da USC, Ángeles Romero. A conferencia terá lugar ás 20.00 horas na rúa do Vilar, 19, no casco histórico de Compostela

Na conferencia, titulada “É posible levar a cabo unha alimentación saudable?”, describirase en que consiste unha alimentación saudable e como debe levarse a cabo. Ademais, terase en conta a importancia que teñen para a saúde o consumo de alimentos procesados.

Ángeles Romero Rodríguez, catedrática que imparte a conferencia da vindeira semana, é doutora en Farmacia e profesora na Universidade de Santiago de Compostela, da Área de Tecnoloxía dos Alimentos. Dirixe traballos de investigación e publicou varios artigos e libros, ademais de participar en multitude de Congresos internacionais e nacionais. É ademais profesora no grao de Nutrición Humana e Dietética e no Máster en Innovación, Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentaria no Campus de Lugo. 

Como investigadora, é pioneira en Galicia na utilización de técnicas de análise sensorial a alimentos, o que lle abriu as portas a ser socia promotora da spin-off TasteLab, S.L., a primeira empresa en utilizar esta técnica.


Comentarios
Lo más