jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Novas batidas de limpeza en espazos naturais en decembro

Novas batidas de limpeza en espazos naturais en decembro
Novas batidas de limpeza en espazos naturais en decembro
Galicia volverá participar activamente este outono na organización de batidas cidadás co obxectivo de limpar diferentes espazos naturais repartidos por toda a comunidade. Nesta ocasión o lema será 1m2 polo campo, o monte e os bosques e as batidas de limpeza organizaranseentre os días 7 e 15 de decembro co fin de concienciar sobre o impacto que ten a acumulación de lixo e todo tipo de residuos neste tipo de localizacións

Cómpre lembrar que se trata dunha iniciativa enmarcada dentro do Proxecto Libera: Natureza sen basura, posto en marcha por SEOBirdLife e Ecoembes para loitar contra o fenómeno da basuraleza. Esta será a terceira edición na que participa Galicia e en todas elas, a Xunta colaborou coas entidades promotoras na difusión dunha iniciativa participativa que busca, ante todo, concienciar sobre o feito de que o abandono e a acumulación de lixo nas contornas naturais son un problema xeneralizado cun impacto negativo para a conservación do medio ambiente que nos rodea e, en consecuencia, do planeta.

Todas aquelas persoas que desexen participar nunha batida poden inscribirse nalgunha das previstas ou propoñer incluso unha localización sobre a que lles interese actuar ata o vindeiro día 1 de decembro a través da web www.proyectolibera.org. Con este tipo de movemento cidadá, contribúese a eliminar da nosa contorna residuos perigosos como poden ser cabichas, pneumáticos, envases plásticos e outros residuos, algúns dos que con maior frecuencia se adoitan acumular nos montes e bosques.

Cómpre lembrar que esta nova acción voluntaria forma parte das limpezas periódicas de 1m2 polas contornas –que inclúe as accións de 1m2 por praias e mares, 1m2 por ríos, encoros e pantanos e 1m2 polo campo, os bosques e o monte-, cuxo obxectivo non é só liberar á natureza de lixo, senón caracterizar e tipificar os residuos que en cada punto de limpeza se atopan, a través del uso de la ciencia cidadá.

Para logralo, a aplicación e-Litter, deseñada especificamente para investigacións como esta e grazas á cal pódese realizar unha caracterización dos residuos recollidos, axudará aos voluntarios a introducir e compartir os resultados contribuíndo así a ampliar o coñecemento sobre localización, tipo e cantidade de residuos abandonados en cada punto.

Galicia comprometida

O compromiso crecente da sociedade galega co medio ambiente e co coidado do planeta tense plasmado tamén na súa activa participación nas dúas anteriores edicións de 1m2 pola natureza, 1m2 polo campo, os bosques e o monte e 1m2 polos ríos, encoros e pantanos, quecada ano atraen a un maior número de voluntarios na comunidade. No 2018, por exemplo, houbo 500 voluntarios que realizaron limpezas en 24 puntos da xeografía galega.


De feito, nas pasadas convocatorias a iniciativa permitiu chegar a unha gran variedade de lugares da nosa contorna, como a praia de Covas (Lugo), a Capela do San Antón (Ourense), a praia de Barrañán (A Coruña) ou os Xardíns Valle-Inclán (A Coruña). Así mesmo, cómpre subliñar tamén que moitas empresas e entidades galegas achegaron os seus esforzos desinteresadamente para converterse en Heroes Libera, organizando puntos de recollida e participando nas batidas activamente, como foi o caso de Indra na praia de Sabón, en Arteixo; de Telefónica no Grove; da compañía AXA tamén neste mesmo concello; ou de Pescanova na Enseada de San Simón.

Comentarios
Lo más