A borrasca queda anclada na cidade
08:00 09/11/19
08:00 09/11/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima os 14ºC
O sábado Galicia estará baixo os efectos dunha borrasca situada sobre Inglaterra cun sistema frontal asociado que chegará ás primeiras horas.
Así,durante a mañá os ceos estarán cubertos, con chuvias.
Á tarde iranse abrindo claros e quedaremos nunha situación de chuvascos, que serán de neve ao final do día en cotas arredor dos 1200 metros.
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima os 14ºC.
Os ventos soprarán do sudoeste pola mañá, rolando a noroeste tralo paso da fronte.