jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A vindeira semana abre o tráfico a rúa Castrón Douro

A vindeira semana abre o tráfico a rúa Castrón Douro
Imaxe antes da renovación
A vindeira semana abre o tráfico a rúa Castrón Douro

Abrirase a rúa de Castrón Douro e comezarán as obras na rúa do Patio de Madres

A vindeira semana, na xornada do mércores 12 ou do xoves 13 de novembro (informarase da data definitiva), abrirase a rúa de Castrón Douro e comezarán as obras na rúa do Patio de Madres. Isto provocará os seguintes cambios na circulación no entorno destas dúas rúas:

- Ábrese á circulación a rúa do Castrón Douro, quedando en sentido baixada, é dicir, os vehículos circularán cara á rúa de Sar.

- A rúa de Pitelos quedará aberta á circulación, en sentido único, entrando os vehículos pola rúa do Hórreo e saíndo por Castrón Douro cara á rúa de Sar. Mentres duren as obras, nesta rúa quedará prohibido o estacionamento, agás para o servizo do Colexio da Inmaculada en horario de 9:00 a 9:30 e de 12:30 a 13:30 pola mañá, e de 15:00 a 15:30 e de 17:00 a 18:00 horas pola tarde. Fóra deste horario non poderá haber vehículos aparcados.

- Queda prohibido o tráfico pola rúa de García Blanco, cortándose o paso no seu cruzamento coa rúa de Concepción Arenal.

- A rúa de Concepción Arenal convértese nunha rúa de dobre dirección, e só poderán acceder a ela os vehículos de carga e descarga e os usuarios dos garaxes existentes. Non poderá acceder a esta rúa ningún outro vehículo. Suprimirase o estacionamento e trasladarase a zona de carga e descarga ao final da rúa, para que no espazo que queda poidan cruzarse dous vehículos.

Comentarios
Lo más