Excarceran a un home que quedou atrapado no seu vehículo en Vilardevós
O sinistro produciuse no punto quilométrico 153 da autovía, en sentido a Benavente
Unha colisión na que se viron implicados dous camións esta noite na A-52, á altura de Vilardevós, saldouse cun home ferido. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os Bombeiros de Verín excarceraron ao camioneiro, ao quedar atrapado no interior do vehículo accidentado.
O sinistro produciuse no punto quilométrico 153 da autovía, en sentido a Benavente, e foi necesario cortar o tráfico en dous carrís nesta dirección da circulación.
Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ás 1:55 horas para dar conta do ocorrido. Nada máis ter constancia do accidente, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Verín, de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento da vía.